O Concello Ares finaliza a intervención “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN Y DE EJECUCIÓN REFORMA DE EQUIPAMIENTOS PARA MEJORA DE ACCESIBILIDAD A RECURSOS TURÍSTICOS” cun orzamento que ascende a 51.832,41 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 46.649,17 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 da directora de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 54, do 17 de marzo de 2023). A mencionada resolución foi modificada pola resolución do 11 de abril de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril).

O proxecto plantexado por esta entidade “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN Y DE EJECUCIÓN REFORMA DE EQUIPAMIENTOS PARA MEJORA DE ACCESIBILIDAD A RECURSOS TURÍSTICOS encadrase na Liña 3: Transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.

A actuación executada por esta entidade é a seguinte:

REFORMA DE EQUIPAMENTOS PARA MELLORA DE ACCESIBILIDADE A RECURSOS TURÍSTICOS DE LAANTIGUA ESCOLA INDIANA DO LAGO E PROMOCIÓN DA CULTURA E PATRIMONIO INDIANO

Coa súa execución esta entidade pretende os seguinte obxectivo:

  • Mellora da accesibilidade exterior aos edificios e interior á parcela, conectando a entrada desde a rúa, que carece de beirarrúa e atópase a unha cota inferior, coa praza central que serve de encontros, celebracións e auditorio exterior, que na actualidade non cumpre a normativa de accesibilidade esixida.