O Concello Ares recibe unha axuda para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cun importe de 44.994,97 € , correspondente ao 80% do importe total da actuación e financiada por Augas de Galicia ao abeiro do procedemento AU301E.
O que se persegue é unha xestión máis eficiente dun ben tan prezado como a auga, co fin de minimizar no máximo posible as súas perdas no sistema de abastecemento municipal e contribuír ao cumprimento da normativa e dos obxectivos ambientais nun complexo escenario de cambio climático, xestionando así con eficacia e eficiencia este servizo tan indispensable para a poboación.
Esta actuación atópase contemplada nas medidas para minimizar as perdas na rede, dispostas no “Plan de actuacións para minimización de perdas de auga no Concello de Ares” desde 2023 ata 2026 (ambos os incluídos), sendo devandito organismo consciente das desviacións existentes entre os consumos e os datos de subministración, e realizando como consecuencia importantes investimentos para a modernización e mellora da rede con diferentes actuacións, tales como a renovación das tubaxes de fibrocemento, supresión de bifurcacións de acometidas domiciliarias etc.