O Concello celebra o Día das Bibliotecas cun espectáculo infantil para viaxar entre libros

Comparte esta nota de prensa

A Biblioteca Municipal de Ares acollerá este xoves, 24 de outubro,  ás 19:00 horas o espectáculo ‘Un universo na túa maleta’ de Ana Meilán para conmemorar o Día das Bibliotecas 2024 que se celebra durante esa mesma xornada.

Un espectáculo para toda a familia, co foco posto nos máis pequenos e pequenas, no que se narrarán as aventuras de Peter Panker, un neno cunhas ganas enormes de ver mundo e percorrer o universo enteiro. Mais Peter descobre que pode facer todo iso a través dos libros, e de xeito inesperado se transforma en explorador de contos, con equipaxe e selo no seu pasaporte incluídos. E así, con este xogo narrativo, Ana Meilán lembra ás crianzas a capacidade de evasión que teñen os mellores libros.

A entrada ao espectáculo, inscrito dentro de ‘Ler conta moito’, é totalmente de balde.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,