O Concello dá inicio ao ciclo de cine de verán ao aire libre

Comparte esta nota de prensa

O patio das Escolas do Lago acolleu onte a primeira das proxeccións que organiza a Concellaría de Cultura do municipio no marco do Ciclo de Cine de Verán, unhas programacións cinematográficas que se producirán ao aire libre totalmente de balde coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Desta volta, o ciclo arrancou con ‘Salta!’, unha comedia familiar dirixida por Olga Osorio coas actuacións de Tamar Novas, Marta Nieto ou Mario Santos. O filme narra as vicisitudes de dous irmáns, Óscar e Teo, na procura da súa nai desaparecida, unha científica obsesionada cos buratos de Gusano.

Agromaron risas, viaxes temporais e tamén espazos recoñecibles -ao gravarse integramente na Coruña- neste relato que nos convida a reflexionar sobre a importancia de facerse entender e comunicarnos coas persoas que aprezamos.

Pódeche interesar