O concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 13.464,00 € ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975T), continuar coa implantación dun sistema de composteiros individuais debido a que moitos dos nosos asentamentos son en vivendas individuais illadas.
Esta implantación require dun reforzo nas súas accións de comunicación e formación á cidadanía, a través da incorporación de familias participantes no proceso.
Amósase o cartel acreditativo da publicidade da financiación recibida
O importe total do proxecto ascende a 18.101,60 € (IVE Engadido) e tivo como obxectivo prioritario mellorar substancialmente a xestión de residuos, todo esto conseguiuse mediante:
- Accións de formación co obxecto de chegar a maior parte da cidadanía.
- Implantación de compostoiros individuais nas vivendas ailladas do noso rural e realizamos accións para seguir a promover as dúas illas de compostaxe comunitaria coas que contamos. O noso concello ten un obxectivo final de instalación de máis de 300 composteiros individuais dun xeito voluntario en poucos anos.
- Desenrrolo dun proxecto xa consolidado, dado que, o noso Concello xa contaba con 100 composteiros individuais instalados, e dúas illas de compostaxe comunitaria en funcionamento.
- Abrir convocatoria pública de solicitudes de composteiros individuais dirixida a familias que contaban cunha vivenda aillada, cunha parcela cunha superficie mínima de 25 m2.
- Chegar arredor do 40% das vivendas do rural en poucos anos, no noso caso ao ser unha poboación no rural de 2.132 persoas.



