O Concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 81.000,00 €  dun proxecto que ascende a 90.000,00 €, ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975U), adquirir un punto limpo móbil composto dun módulo de recollida separada de residuos e dun vehículo para o seu transporte.

Amósase o cartel acreditativo da publicidade da financiación recibida:

Procúrase a mellora na eficiencia no tratamento do lixo, e como consecuencia, a redución nas emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Os diferentes elementos depositados no punto limpo móbil destinaranse á reparación ou á reciclaxe en plantas especializadas, evitando a incineración ou depósito en vertedoiro.

A estimación do CO2 equivalente que se deixará de emitir á atmosfera teranse en conta as seguintes consideracións:

  • Actualmente os residuos obxectivo deste proxecto intégranse dentro da fracción resto que, ou ben son incinerados ou ben depositados en vertedoiros.
  • Atendendo ós datos recollidos no Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes ao complexo medioambiental de Cerceda para o ano 2013, por cada tonelada de fracción resto emitíronse á atmosfera 0,133 toneladas de CO2.