O Concello de Ares iniciou a pasada semana os campamentos deportivos de verán!

Comparte esta nota de prensa

Un total de 50 nenos e nenas de 6 a 12 anos participan na primeira quenda deste programa que busca favorecer a conciliación familiar e, ao mesmo tempo, a convivencia entre a cativada.

As diferentes actividades, que combinan o carácter deportivo, coa parte educativa e tamén a vertente lúdica, servirán para fomentar valores como son a convivencia, o respecto e o coñecemento da contorna, xa que se desenvolverán en distintos espazos exteriores do centro urbano.

Estes campamentos deportivos complementarán as actividades diarias do programa “ConciliAres”, o “Xuventude Activa” e o de “Xogos nas Parroquias”, ofrecendo así ás familias unha ampla variedade de opcións para conciliar as súas responsabilidades.

Aquí temos un pequeno vídeo da cativada, do pasado venres, practicando vela!

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,