O Concello de Ares organiza unha nova actividade gratuíta de tenis de mesa para adultos

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, pon en marcha unha nova actividade de tenis de mesa dirixida á poboación adulta, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, promover hábitos de vida saudables e ofrecer un espazo de lecer e convivencia arredor do deporte.

As sesións celebraranse os días 23 e 30 de outubro, en horario de 17:30 a 18:30 horas, no Pavillón Municipal de Ares.

A participación será totalmente gratuíta e a actividade está pensada para que as persoas asistentes poidan divertirse, mellorar a súa condición física e gozar dos beneficios do exercicio nun ambiente distendido.

Desde a Concellaría de Deportes anímase á veciñanza adulta a participar nesta proposta deportiva e a aproveitar a oportunidade de descubrir ou practicar o tenis de mesa.

Pódeche interesar