As inscricións poderán realizarse ata o 7 de outubro, presencialmente no Departamento de Servizos Sociais de Ares, situado no antigo concello.
O Concello de Ares pon en marcha unha nova viaxe en autobús a Lugo con motivo das festas do San Froilán, unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo galego e que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.
A iniciativa busca ofrecer á veciñanza a posibilidade de achegarse á cidade lucense e desfrutar durante toda a xornada da súa programación festiva, que combina propostas culturais e de ocio coa tradicional oferta gastronómica propia destas datas.
A viaxe terá lugar o venres, 9 de outubro. O autobús sairá da Porta do Sol ás 10:00 horas e o regreso desde Lugo está previsto arredor das 21:00 horas, permitindo contar con tempo suficiente para percorrer a cidade e participar nas actividades do San Froilán.
O prezo da viaxe é de 15 euros por persoa e inclúe exclusivamente o desprazamento de ida e volta en autobús a Lugo.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 7 de outubro, de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais de Ares (antigo concello). As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Para máis información, pódese contactar co teléfono 981 448 354.

