O Concello de Ares recibe unha axuda por importe 37.317,54 € distrubido en duas anualidades (2024-2025) para a execución do proxecto “MEJORA Y MANTENIMIENTO DEL CAMINO DE BARRACIDO A PALLIZO” cun orzamento que ascende a  44.0404,22 € e financiado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).

O obxecto do seguinte proxecto básico e de execución consiste na mellora do camiño de Barracido a Pallizo no concello de Ares.

O estado actual do camiño é malo, presentando irregularidade na súa superficie, fochancas, escarificaciones, desgaste severo da superficie, indefinición e atascos nas cunetas etc.

A intervención consiste en mellorar o pavimento do camiño, mediante un tratamento con aglomerado asfáltico, sobre a base actual, de tripla rega, previamente acondicionada.

As obras para realizar no camiño, serán:

  • Limpeza das marxes da vía
  • Refinado das cunetas (no seu caso)
  • Varrido e limpeza con medios mecánicos (no seu caso)
  • Aglomerado asfáltico
  • Reacondicionado das bocas dos pozos de saneamento