O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 45.354,38 € correspondente ao 80% para a execución do proxecto “O OURIZO DO MAR,UN TESOURO POSTO EN VALOR ONDE O ATLÁNTICO GOZA” que se executará nas anualidades 2024-2025 e financiado a través da orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e se convocan as correspondentes ao ano 2024 (código de procedemento PE155A).

Trátase dun proxecto de turismo mariñeiro que engloba o seguinte contenido:

Dar a coñecer o ourizo de mar a través de accións de preparación e tratamento como showcooking, accións de exaltación, charlas a escolares impartidas polas confrarías de pescadores de Ares e Barallobre.