O concello de Ares recibe unha axuda por importe de 16.380,09 € para a execución do proxecto “MANTEMENTO DE OBRAS PÚBLICAS” a través da contratación dun desempregado inscrito no Sistema nacional de Garantia Xuvenil, con que se financiada sua contratación ao abeiro da ORDE do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
Inclúe tarefas como reparacións, limpeza, mantemento preventivo e correctivo, que poden ser realizadas por administración directa ou contratadas a terceiros. O obxectivo é alongar a vida útil das estruturas, optimizar o seu rendemento, garantir a seguridade dos usuarios e cumprir coa normativa.
O principal obxectivo desta actuación consiste en :
- Limpeza e conservación: Varrido de rúas, corte de céspede, poda de árbores e limpeza de áreas verdes.
- Reparacións: Recheo de fochancas, reparación de gretas e desprendementos, e mantemento de estruturas.
- Mantemento de sistemas: Asegurar o correcto funcionamento de instalacións en edificios públicos.
- Mantemento de maquinaria: Equipos e vehículos utilizados en obras públicas.
A continuación amosase un cartel do seu cumprimento de publicidade:



