O concello de Ares recibe unha axuda por importe de 8.745,54 € por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S); para a adquisición de tres punto limpos de proximidade cun formato de mobiliario urbano de proximidade que permita chegar dun xeito cercano á cidadanía para unha tipoloxía de residuos de pouco volume.
O importe total do proxecto ascende a 11,890.00 € (IVE Engadido) e pretendese como obxectivo prioritario mellorar substancialmente a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares, de difícil recollida e xestión, mediante a colocación de contedores específicos e a mellora da concienciación da cidadanía a través do uso dos paneis publicitarios dos mesmos.
Máis especificamente, os obxectivos son:
- Fomentar a recollida selectiva específica e separación en orixe de diversos residuos de índole perigosa.
- Involucrar ao usuario na labor de reciclaxe aproveitando a información explicativa das bocas para que saiban exactamente que se fai con cada residuo.
- Potenciar a recollida selectiva de residuos perigosos e de difícil tratamento, como pilas, lámpadas, RAEEs, etc… grazas á súa proximidade ao cidadán.
A esta función educativa e de concienciación tamén contribúe permanentemente o propio deseño das bocas de inserción de cada residuo, dando unha explicación detallada do tratamento dos materiais recollidos no Punto Limpo de Proximidade.
A continuación amósanse unhas imaxes do seu deseño: