O concello de Ares resulta beneficiario da Liña 3 de Axudas para puntos limpos móbiles, cunha financiación que correspondente ao 89% do total do proxecto, no que o importe correspondente a nosa entidade e de  63.190,00 € financiado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2022 pola que se conceden as subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, con cargo á Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MT975J).

Este proxecto vai destinado a favorecer a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a re utilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma e mais concretamente no noso municipio.

Para a prestación deste servizo á cidadanía contamos coa empresa CELTAPRIX para a realización da recollida e o transporte dos residuos, que serán trasladados ás instalacións dos xestores autorizados, de ambas partes axuntamos a información relativa aos permisos e códigos de residuos autorizados en cada caso.

A continuación e para o cumprimento da publicidade dos fondos recibidos mostrase unhas imaxes da implantación do proxecto.

E dos exemplares da documentación escrita, facilitados como referentes de información para os usuarios do noso municipio.

E con esta documentación pública cumprese coas obrigas establecidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, tal como reflicte o artigo 34 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021.

Ares, 19 de decembro de 2022