O Concello e a Deputación da Coruña Firman o Convenio co que se poñerá fin aos problemas da Auga en Ares

Comparte esta nota de prensa

O alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias Redondo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso asinaron no día de hoxe o convenio de colaboración polo que a entidade provincial achegará 1,7 millóns de euros para mellorar o sistema de abastecemento de auga do municipio.

O orzamento total do proxecto elévase ata os 4.263.152 euros dos que a Deputación achega 1.712.000 euros (40%), a Xunta de Galicia inviste 1.705.260 euros (40%) e o Concello de Ares completa a cantidade total con 840.891 euros (20%).

O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá na casa consistorial aresá o convenio de colaboración polo que a entidade provincial achegará 1,7 millóns de euros para mellorar o sistema de abastecemento de auga do municipio.

Os traballos, que darán solución ás problemáticas no subministro da auga, contarán cun investimento de 4,2 millóns de euros repartidos entre as tres administracións implicadas; un 40 % será asumido pola Deputación, outro 40 % por Augas de Galicia (Xunta) e o 20 % restante procederá dos fondos do Concello de Ares.

Na sinatura do convenio esta mañá, o rexedor Julio Iglesias expresou o problema de abastecemento que padeceu durante anos o concello e que se solventará con esta importante actuación. “Hoxe poñemos a primeira pedra para solucionar o problema de abastecemento do noso concello. Grazas a esta obra arranxaremos os nosos problemas actuais que se acrecentan no verán polo aumento da poboación”, apuntou Iglesias, remarcando que “é o investimento máis importante dos últimos 16 anos que levamos gobernando e, polo tanto, unha moi boa nova para toda a veciñanza”.

González Formoso fixo fincapé en que “trátase do convenio mais grande que se asinou nos últimos 8 anos na Deputación. É un orgullo poder axudar a garantir o subministro de auga en Ares e evitar problemas que teñen todos os veráns, debido ao incremento da súa poboación en temporada estival”.

Con esta actuación conseguirase mellorar o sistema de abastecemento, dotándoo da infraestrutura en alta necesaria para o seu correcto funcionamento e, á súa vez, renovar as instalacións existentes.

Ademais, as novas infraestruturas estarán dotadas de todos os elementos auxiliares que permitan a operación controlada e segura do sistema, garantindo un subministro de auga á poboación coas presións mínimas axeitadas; a continuidade do servizo de abastecemento de 24 horas en todo o concello e a dotación ao municipio dunha capacidade de reserva de auga potable en cantidade suficiente para situacións de emerxencia.

En palabras do rexedor, Julio Iglesias, o proxecto “súmase a todas as obras de renovación das infraestruturas da auga xa executadas en todo o casco urbano de Ares e suporá a construción de novos depósitos no alto de Simou”, uns depósitos que se cargarán de auga pola noite de cara a “ofrecer autonomía no subministro ao municipio, cunha capacidade de absorber a demanda de 48 horas sen aporte externo de auga”.

Toda a información en: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=22624&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado