O Concello entrega o gran premio do MercAres 2024-2025

Comparte esta nota de prensa

Esta mesma mañá, a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, formalizou a entrega do primeiro premio de 500 euros do MercAres 2024-2025 ao veciño aresán Borja Ortube Varela, acompañándoo dos seus parabéns por sumarse a esta campaña de consumo de proximidade do Concello de Ares.

O galardón chega en forma de vale para consumir nalgúns dos máis de 90 establecementos adheridos ao MercAres, fomentando que o investimento económico fique no municipio e fortalecendo o consumo sostible.

Con todo, a campaña non remata aquí, pois en xogo continúan o resto de premios con vales rasca de 5, 10, 20, 50 e 100 euros ata o 31 de xaneiro. Non o dubides: anímate a participar e compartir as túas fotografías!

Pódeche interesar