O Concello impulsa a sustentabilidade e a ambientación festiva durante o Ares Indiano

Comparte esta nota de prensa

A concellaría de Cultura da localidade anunciou dúas novidades que se implementarán durante a próxima celebración da sexta edición do Ares Indiano, os días 18, 19 e 20 de agosto.

Estas iniciativas, dirixidas aos hostaleiros do municipio, teñen como obxectivo promover un consumo máis sostible e engadir un toque distintivo e decorativo ao evento.

Por un lado, coñecedores do incremento da actividade hostaleira, a primeira proposta trasladada aos hostaleiros consiste no uso de vasos reciclables deseñados especificamente para o evento, os cales contribuirán a incentivar un consumo sostible (menos lixo xenerado, menos auga no lavavaixelas, menos cristais rotos na vía publica…), ademais de ofrecer á clientela un recordo especial da súa visita.

En segundo lugar, co obxectivo de realzar aínda máis a atmosfera festiva do Ares Indiano, o Concello proporcionará follas de palma aos hostaleiros para decorar as fachadas e accesos aos locais, engadindo un toque característico e distintivo ao evento.

Lémbrase aos que aínda non o fixeran que a data límite para manifestar o interese nos vasos reciclables e/o as follas de palma é o martes 18 de xullo, chamando ao teléfono 981 448057 (Biblioteca), ou enviando un correo electrónico a aresindiano@concellodeares.com.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,