O Concello organiza unha excursión ao San Froilán de Lugo o vindeiro 6 de outubro

Comparte esta nota de prensa

Co gallo da celebración das festas de San Froilán, o Concello de Ares, a través da área de Benestar e Igualdade, organiza unha excursión a Lugo.

Os interesados en participar na iniciativa, que se desenvolverá o día 6 de outubro,  xa poden formalizar a súa inscrición, para o que terán que dar os seus datos e aboar 12 euros nas dependencias de Servizos Sociais do Concello. O prezo inclúe a viaxe en autobús, mais o xantar, que terá lugar na cidade das murallas, realizarase por libre.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de setembro ou esgotar as prazas dispoñibles.

A excursión sairá ás 10.00 horas da Porta do Sol, mentres que de Lugo partirá cara Ares ás 21.00 horas.

Pódeche interesar