O Concello pechou a programación da Academia AresXSalud cun showcooking sobre ceas saudables

Comparte esta nota de prensa

A docente gastronómica Eva Pazos, profesora na escola Oído Cociña, puxo o punto e final ao ciclo divulgativo municipal da Academia AresXSalud para a tempada 2024-2025, xunto coa concelleira de Benestar, Victoria Montenegro. A Alianza Aresana foi o escenario do seu showcooking o pasado venres, onde ensinou á veciñanza como elaborar cear equilibradas e nutritivas no día a día.

Durante dúas horas, a cociñeira compartiu en directo técnicas e receitas pensadas para mellorar os hábitos alimentarios sen complicacións, dirixíndose especialmente a familias que buscan ideas sinxelas pero saudables.

O formato de showcooking axudou aos asistentes a aprender namentres observaban a elaboración paso a paso, formulando as súas dúbidas durante a sesión.

Con esta actividade, organizada polo Concello de Ares en colaboración con REGAPS Ferrol e a Asociación de Diabetes de Ferrolterra, a Academia AresXSalud despídese até o vindeiro curso mantendo o seu obxectivo principal: achegar o coñecemento á veciñanza da man de expertos da contorna para mellorar a saúde e o benestar colectivo.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Un equipo de campións

Esta fin de semana o Club Remo de Ares regresou á nosa vila cun novo título e unha nova alegría: voaron sobre as augas do