O Concello pon en marcha a nova edición de ‘Envellecendo en Ares’, o programa de actividades para maiores de 60 anos

Comparte esta nota de prensa

  • Sesións de memoria, lectoescritura, manexo de smartphones e, coma novidade, o obradoiro ‘a música que nos move’ conformarán esta oferta municipal da Concellaría de Benestar.
  • As inscricións abrirán ao longo da vindeira semana e até o 26 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas no Departamento de Servizos Sociais sito na Praza da Constitución.

 

Coa chegada de setembro, volven os principais programas do Concello para dinamizar o novo curso non só para pequenos e familias, senón tamén para maiores. E serán estes últimos o público final de ‘Envellecendo en Ares’, a oferta de actividades que vén de presentar hoxe a Concellaría de Igualdade e Benestar para persoas de máis de 60 anos empadroadas en Ares.

Co obxectivo de fomentar a socialización, o benestar emocional e a aprendizaxe, nesta ocasión serán catro as propostas que integren Envellecendo en Ares de outubro a xuño:

  • Obradoiros de memoria, centrados na estimulación cognitiva e o traballo mental, en Ares (os luns, de 12:00 a 13:00 h, amais de 16:30 a 18:00 h. e posteriormente de 18:00 a 19:30 h.), en Cervás (venres, de 17:00 a 18:30 horas) e en Redes, no caso de que exista a posibilidade de crear grupo.
  • Lectoescritura, unha oportunidade para mellorar o desenvolvemento e expresión de ideas, pensamentos e emocións, conectando escritura e lectura en Ares, no centro de Servizos Sociais (martes, de 10:30 a 12:00 h.)
  • Obradoiro de smartphones, para aprender o emprego do móbil e das aplicacións prácticas do día a día, divididos en 3 grupos na Casa da Xuventude da vila os luns, de 10:15 a 11:45 h, os martes no mesmo horario e os mércores de 12:00 a 13:30 h.
  • E as sesións de ‘A música que nos move’, ao longo dos xoves en 3 grupos dunha hora cada un, dende as 16:00 ata as 19:00 h no anexo de Cultura, un espazo onde as melodías, as historias e as emocións convértense en protagonistas. Canto e baile para gozar da música de forma libre.

Todas as actividades, que contan co apoio da Deputación da Coruña no marco da súa liña de loitra contra a soidade non desexada e procura dun envellecemento activo,  principiarán dende a primeira semana de outubro até finais de xuño de 2026.

O período de inscrición estará aberto dende o 9 ata o 26 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais do Concello situado na Praza da Constitución, cubrindo alí a folla de reserva de praza.

Para solicitar máis información, pódese contactar co 981 448 354.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Rosalía de Castro rexorde en Ares!

Ao longo da semana pasada, o municipio mergullouse na conmemoración dunha das figuras esenciais da literatura galega coa celebración do Día de Rosalía 2026, a