O Concello principia coa entrega de composteiros individuais para a veciñanza

Comparte esta nota de prensa

A edila de Medioambiente, Lucía Blanco, comezou ao longo da xornada de onte coas entregas  iniciais dos 50 composteiros destinados ás vivendas unifamiliares dos veciños e veciñas de Ares.

As primeiras persoas que formalizaron a inscrición no programa de Compostaxe Doméstica recibiron nos seus domicilios os composteiros cunha capacidade de 400 litros das mans da concelleira para que os sitúen no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e idealmente baixo unha árbore de folla caduca, en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores.

Ao longo dos vindeiros días continuarase co reparto entre a veciñanza e, unha vez que conclúa, lograrase que o municipio conte cunha rede de autoxestión de residuos orgánicos con 150 composteiros instalados en vivendas unifamiliares.  Un xeito de incorporar progresivamente unha práctica habitual como é o proceso de compostaxe con considerables vantaxes ambientais, sociais e económicas.

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de