O Concello promove unha nova charla divulgativa da Academia AresXSalud

Comparte esta nota de prensa

‘Cíclica, única, cambiante: mitos e verdades na menopausia’ é o título desta terceira ponencia dirixida por Borja Fernández Pita, graduado en Ciencias da Actividade Física e Deportes.

Realizarase o vindeiro 17 de xaneiro ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana.

As Concellarías de Deportes e Igualdade organizan esta mesma semana a seguinte charla divulgativa no marco da Academia AresXSalud, o programa educativo totalmente de balde para que a veciñanza incorpore hábitos saudables na súa cotiandade.

A Alianza Aresana acollerá esta terceira sesión o 17 de xaneiro ás 19:00 horas, unha ponencia onde Borja Fernández Pita, licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deportes, cun máster en Psiconeuroinmunología clínica e diplomado en Osteopatía, indagará no ciclo hormonal femenino.

Baixo o nome de ‘Cíclica, única, cambiante: mitos e verdades na menopausa’, Fernández Pita achegarase a este período da vida da muller axudando a entender como o pulso hormonal determina a conduta e divulgando algunhas posibles solución para vivir este período sen síntomas.

A sesión educativa destínase especialmente para mulleres ou poboación en xeral que desexe afondar nestas temáticas, sen necesidade de reservar previamente.

 

Pódeche interesar