O Concello propón decorar os negocios de Ares con follas de palmeiras

Comparte esta nota de prensa

Como xa aconteceu no ano pasado, a Concellaría de Cultura convida aos comercios e hostalería da vila a decorar os seus locais con follas de palmeira para transportar a veciñanza e visitantes cara os territorios de alén már durante o VIII Ares Indiano do 22, 23 e 24 de agosto.

Co obxecto de facilitar a decoración, o Concello entregará as follas de palmeira aos locais que o soliciten previamente ata o 18 de agosto, inclusive, data límite onde se pechará a recepción de peticións.

Os negocios que desexen contar coas súas follas de palmeira deberán poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Ares no 981 448 057, o correo electrónico aresindiano@concellodeares.com ou directamente con Alma Barrón, concelleira de Cultura, para formalizar a súa solicitude.

Non perdas a oportunidade e contribúe ti tamén á celebración indiana!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Indianos na procura dun nome

Chegaron de alén mar, fixeron a súa parada en Ares no verán de 2024… e dende entón quedaron a vivir no municipio. O indiano e