O Concello publica o novo itinerario dos puntos limpos móbiles municipais

Comparte esta nota de prensa

Coa posta en marcha do segundo vehículo que vén de ser adquirido recentemente para a flota municipal, o servizo itinerante que leva os puntos limpos móbiles ás parroquias e núcleos rurais de Ares incrementa a súa frecuencia de estacionamento.

Así, o servizo de recollida estará a disposición da veciñanza máis asiduamente, dividindo a recollida de residuos deste xeito:

PUNTO LIMPO XA EXISTENTE

Continuará a recoller pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites vexetais e minerais; pequenos electrodomésticos; roupa e calzado.

PUNTO LIMPO NOVO

Poderanse depositar nel aceites de cociña usados; roupa e, en dous colectores distintos, os equipos electrónicos, dependendo de se conteñen compoñentes perigosos ou non.

E para facilitar o depósito dos residuos, a área de Medioambiente vén de elaborar un novo material informativo destinado á veciñanza interesada en coñecer o itinerario que levarán os dous novos vehículos polo termo municipal.

EN PDF: 2025-Novo itinerario-Punto limpo mobil en Ares

 

Pódeche interesar