O Concello rehabilitará o lavadoiro de A Torre en Cervás

Comparte esta nota de prensa

Ares rehabilitará o lavadoiro de A Torre, en Cervás, tras ver confirmada una subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Así o informou a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, unha vez que o Concello vén de recibir por parte do Instituto de Estudos do Territorio a concesión dunha axuda por importe de 20.000 euros, dentro da liña do organismo autonómico destinada a actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.

A actuación de rehabilitación proxectada polo Concello ascende a un total de 31.876,35 euros, polo que será a administración local a encargada de sufragar o importe restante á axuda concedida.

O lavadoiro público da A Torre, atópase situado na paroquia de Cervás, no bordo do camiño de A Pena, cun vaso propio do lavadoiro e unha fonte separada del. Actualmente o perímetro do lavadoiro está resolto con muros de ladrillo revestidos con revoco de morteiro de cemento e acabado con pintura. Todo o conxunto arquitectónico presenta un grado de envellecemento e patoloxías avanzado (fisuras, desconchados, manchas, etc). Tanto os materias construtivos utilizados como o seu estado de deterioro, fan que a estrutura se atope en pouca consonancia co entorno rural no que está ubicado.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, explicou que a intervención municipal centrarase na mellora de revestimentos e acabados, empregando revestimientos nobles e acordes ao medio e na rehabilitación do vaso do lavadoiro, así como da seguridade estructural do conxunto, coa mellora da estructura de cuberta.

Deste xeito, en lugar das fachadas actuais de bloques de ladrillo e formigón, a fachada se revestirá de pedra natural e muretes de canteiría. En canto á cuberta, substituiranse as actuais viguetas de formigón pretensado e pranchas de fibrocemento, por unha nova estructura de madeira e tella cerámica curva.

A concelleira resaltou que se trata dunha nova intervención inscrita no plan do goberno local para recuperar as fontes e lavadoiros públicos da localidade, na  liña  de  actuacións anteriores que permitiron a rehabilitación dos lavadoiros do río Baixolo en Seselle ou o de Bulleiro en Lubre, e que  continuará  con similares intervencións como  a que se executará no lavadoiro de A Torre en Cervás ou a fonte de A Tella en Lubre.

Preténdese devolver ás parroquias uns elementos singulares do seu patrimonio arquitectónico e da súa historia, posto que foron tradicionalmente lugares de encontro  da veciñanza, fundamentalmente das mulleres, que forman parte da memoria común, enfatizou Olimpia Marcos.

Pódeche interesar