O Concello xa conta cun vehículo propio que actuará coma punto móbil para mellorar o tratamento de residuos especiais

Comparte esta nota de prensa

O novo vehículo facilitará a recollida de calzado, roupa, pilas e baterías, pequenos electrodomésticos ou aceites minerais e vexeitais en toda a contorna aresán.

A partir de agora, o punto limpo móbil rotará por diferentes puntos do concello para achegar o seu servizo directamente á veciñanza, incluídas as parroquias.

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, e a concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, recepcionaron onte na casa consistorial o novo punto limpo móbil que vén de adquirirse pola administración local, un camión-guindastre que reforzará o servizo de recollida de residuos existentes en Ares. Dende agora en adiante, o municipio contará cun novo equipo que achegará unha considerable versatilidade na xestión dos residuos e procurará un maior coidado do medioambiente.

A existencia deste vehículo que actúa coma punto limpo móbil permitirá, principalmente, colocalo en determinados eventos e/ou actividades de especial interese, pero tamén levalo ata as parroquias coma un servizo clave na recollida de residuos, informando previamente á veciñanza dos trocos.

O punto limpo móbil conta con seis contedores nos que a veciñanza poderá depositar os seguintes elementos, incrementando a capacidade de recollida do municipio:

  • Pilas e baterías.
  • Lámpadas e tubos fluorescentes.
  • Aceites minerais.
  • Aceites vexetais.
  • Pequenos electrodomésticos.
  • Roupa e calzado.

Segundo os pregos técnicos, o vehículo supón un investimento de 85.910 euros, impostos incluídos, adxudicado á empresa Grúas y Autoventas Betanzos SL, recibidos a través dunha liña de subvención da Xunta de Galicia cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, con cargo á Unión Europea-NextGeneration.

De igual maneira, o subministro deste punto móbil está en consonancia coas políticas de coidado do medioambiente actuais nas que a corresponsabilidade xoga un factor diferencial, facendo que tanto institucións coma cidadanía xoguen un papel clave na procura dunha economía circular e a mitigación do cambio climático.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,