O ConciliAres encara a recta final de agosto coa natureza como protagonista

Comparte esta nota de prensa

Os pequenos e pequenas do servizo de conciliación laboral e familiar da Concellaría de Igualdade e Benestar, o ConciliAres, gozaron ao longo deste mes de agosto dunha das mellores cousas da vila: a súa natureza. No pulmón verde que é o Parque Rosalía, xusto no núcleo urbano, entraron en contacto coa contorna natural, xogaron e divertíronse cos seus compañeiros.

Mais tamén houbo outras tantas xornadas ao aire libre con xogos, manualidades, música… un cúmulo de alternativas que converten o verán nunha época co seu propio ritmo, para desfrutar e deixarse levar polo lúdico!

Pódeche interesar