As persoas interesadas en participar neste certame poderán achegar as súas propostas ata o vindeiro 5 de febreiro de 2026, inclusive, remitíndoas por correo electrónico a aressaudable@gmail.com indicando no asunto: “Concurso Logotipo Mesa de Saúde Local de Ares”.
Non se contemplan restriccións de participación, dando a opción de facelo de xeito individual ou colectivo (asociacións, centros educativos, etc.).
O logotipo deberá ser orixinal e inédito e representará os valores da saúde comunitaria, colaboración e benestar social.
Só haberá un único gañador ou gañadora, que poderá seleccionar un dos tres seguintes premios:
- A) Bono por unha actividade náutica (paddlesurf ou kaiak) no Club Marítimo de Redes para dúas persoas dunha hora e media de duración (1,5 h.).
- B) Bono anual para asistir de balde ao ximnasio municipal.
- C) Premio metálico por valor de 150 € para investir no comercio local de Ares.
O fallo do xurado farase público durante o mes de marzo de 2026.

