Ao longo deste martes, 8 de marzo, varios elementos de identificación e sinalización das sendas deportivas pola costa do municipio apareceron vandalizados con múltiples pintadas que impiden a súa lectura.
O goberno local quere expresar o total rexeitamento a este acto non só polo contido das mensaxes, senón tamén porque supón unha degradación de obxectos e espazos públicos compartidos por toda a veciñanza. O Concello tamén recalca a necesidade de respectar os elementos comúns como unha forma de coidar conxuntamente a localidade.