O local de ensaio de Lubre xa luce novas fachadas tras a finalización dos traballos de mellora no seu exterior

Comparte esta nota de prensa

O edificio deixa atrás as fisuras, grietas e outros signos de deterioro e intégrase paisaxísticamente coa contorna na que se atopa, de marcado valor patrimonial pola presenza da igrexa románica da parroquia.

O investimento realizado ascendeu a 34.422 euros, IVE incluído, co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente, coa que xa se asinou un convenio para renovar o propio tellado deste local.

A Concellaría de Urbanismo vén de informar do remate das obras que se estaban acometendo no local social Gildo Illobre, desenvolvendo unha renovación exterior do edificio co obxectivo de acadar a maior integración paisaxística posible, amais dunha mellora en termos enerxéticos.

Até o de agora, as fachadas deste espazo público amosaban unhas condicións de envellecemento notables coa presenza de manchas, fisuras, grietas e desconchóns. Ademais, polo seu emprazamento próximo á igrexa románica de Lubre, precisaba dunha adecuación estética para armonizalo coa contorna de gran valor patrimonial na que se inscribe.

Así, aplicouse un revestimento de pedra nacional de 3 centímetros de espesor sobre as fachadas do edificio, o que luce na actualidade, a través dunha intervención que supuxo un investimento de 34.422 euros (IVE incluído), 20.000 dos cales proceden dos fondos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Aproveitando o remate das obras, Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, trazou unha análise dende o inicio das planificacións urbanísticas no local social de Lubre: “Durante estes anos, executamos varias intervencións coa idea de dotar de infraestruturas de calidade a un espazo esencial para Lubre. Por iso comezamos coa súa rehabilitación básica, interna e externa, para acondicionalo debidamente, e seguimos coa colocación do parque infantil e saudable nas súas inmediacións”. Para Olimpia Marcos, as obras sobre a fachada son a “continuación dun traballo de mellora sostido no tempo”.

De feito, o Concello de Ares asinou a semana pasada un novo convenio coa Consellería de Territorio e Vivenda que permitirá materializar neste local o cambio do tellado, sumándose ó resto de actuacións realizadas no edificio para achegar un espazo público de calidade á veciñanza.

Pódeche interesar