O sábado 27 de setembro ás 18:30 horas o Mosteiro de Santa Catalina en Ares será o escenario da presentación da revista cultural Albela unha publicación promovida pola Asociación Cultural Apelón Educación coa finalidade de difundir e poñer en valor a historia a cultura e a memoria colectiva da comarca
O acto contará coa intervención de Gabriela Sánchez presidenta de Apelón Educación, Xosé A Bouza autor de Historial da Rondalla Mugardesa, Xoán Rubia autor de Aquel Peirao para nós “El Muelle” e José Riera autor de Montefaro e Mugardos
A xornada pecharase coa actuación musical da Rondalla Mugardesa que ofrecerá ao público unha mostra do seu repertorio reforzando o vínculo entre música historia e identidade local
Este evento conta coa colaboración do Concello de Ares da Deputación da Coruña e da propia Rondalla Mugardesa e a entrada será libre ata completar aforo