O Mosteiro de Santa Catalina acolleu a sétima edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición (LEA)

Comparte esta nota de prensa

Fotógrafos de Galicia e tamén do resto de España reuníronse nunha contorna privilexiada ao longo deste fin de semana, o espectacular Mosteiro de Santa Catalina, para afondar nas diferentes formas de capturar os ceos nocturnos a través das súas cámaras no marco da última edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición, LEA VIII. 

O evento, organizado pola Asociación de Fotografía de Ferrolterra en colaboración co Concello, volve a Ares como un dos seus espazos de organización, centrándose desta volta na divulgación teórica e práctica de técnicas como o lightpainting (pintura con luz) ou a astrofotografía.

Durante o sábado e domingo, polo Mosteiro de Santa Catalina pasaron expertos e expertas como Tim Gamble, Draco at Night, Julián García, Alfonso Espinosa, Diego Alonso, IrreBerenTe Natalia Aguado, Aurelio Fernández, Hugo Baptista e Frodo y Xandra, entre otros. E mesmo houbo tempo para desfrutar das composicións do artista local Luis Mera, Lucky!

Pódeche interesar