O Mosteiro de Santa Catalina conta cunha nova Iluminación Ornamental

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares anunciou a finalización das obras de dotación dunha nova iluminación ornamental no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

O investimento total para este proxecto, que ascende a 47.805,96 euros, foi financiado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achegou 30.000 euros, e as arcas municipais.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, explicou que o obxectivo principal desta actuación foi sanear e realzar as fachadas do Mosteiro, tanto a principal como a lateral dereita.

Para logralo, levouse a cabo a substitución e instalación de equipos de iluminación ornamental nos paramentos exteriores, dotando ao Mosteiro dunha iluminación adecuada para a correcta observación dos seus detalles arquitectónicos.

O proxecto enfocouse nas fachadas principal e lateral dereita do cenobio. Anteriormente, contábase con 24 vilas nestas áreas, as cales foron substituídas por un total de 41 elementos. Reduciuse o número de vilas a 15 e instaláronse 25 novos elementos, incluíndo 17 proxectores e 8 luminarias lineais.

O campanario recibiu unha atención especial nesta renovación. Instalaráronse 8 luminarias lineais nas bases das columnas, o que resalta a súa presenza durante a noite. Ademais, no interior do campanario colocouse un proxector que brinda unha iluminación indirecta, creando un contraste entre o exterior e interior.

Ademais destas melloras, leváronse a cabo outras actuacións para realzar a beleza do Mosteiro. Instaláronse 3 proxectores que garanten unha iluminación uniforme, e engadíronse 14 proxectores máis para resaltar a fachada principal e a lateral dereita do edificio.  Estes proxectores situáronse nas zonas axardinadas do Mosteiro, xerando unha iluminación horizontal que realza a beleza da pedra mediante a reflexión da luz.

Olimpia Marcos, destacou a importancia desta intervención, que “permite a posta en valor do noso patrimonio, ao tratarse dun edificio monumental e con esta nova iluminación consíguese resaltar os elementos singulares da fachada, portenciando o seu interese turístico, histórico e cultural”.

A edil subliñou que a iluminación adecuada nas fachadas contribuirá a embelecer a contorna, así como destacar os detalles arquitectónicos e artísticos do Mosteiro, o que permitirá aprecialos en todo o seu esplendor.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,