O municipio acollerá unha nova xornada de limpeza na praia do Raso

Comparte esta nota de prensa

O domingo, 19 de outubro, a Agrupación Instrutiva de Caamouco promoverá unha actividade de limpeza, sumándose á iniciativa da Asociación Ecoloxista de ADEGA, coa colaboración do Concello de Ares, centrada no areal do Raso.

A partir das 11:00 horas, o voluntariado contribuirá a recoller os refugallos que se atopen na praia no marco desta acción pensada para todos os públicos, aínda que dende a Agrupación Instrutiva de Caamouco fan un chamamento á implicación da rapazada.

Para inscribirse, pódese contactar por Whatsapp ou chamada co número 680161929.

Punto de encontro para as persoas inscritas Entrada da praia do Raso: https://maps.app.goo.gl/yzXK1QFbh6J5dnCZ6

Únete á marea! 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de