A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como colofón, todos uníronse para interpretar unha emotiva Cantiga de Santa María nun coro improvisado. Foi unha xornada completa!!!

Notas de prensa
‘Rotspanier’, de Juan Galán: unha ollada rigorosa ao exilio republicano galego
A presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés (1939–1945) reuniu este venres pasado á veciñanza no salón de actos da Alianza Aresana para









