O Open Dominó Concello de Ares conclúe a súa XVIII edición

Comparte esta nota de prensa

O pasado sábado, o Casino Aresano acolleu o XVIII Open de Dominó do Concello de Ares promovido polo Club Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello, reunindo nas súas instalacións a participantes de toda Galicia en horario de mañá e de tarde.
O evento saldouse con éxito dende a organización e pechouse coa seguinte clasificación:
  • 1ª parella clasificada: Club Xabre Ares – José Criado y Ricardo Rico.
  • 2ª parella clasificada: Club Chantada – Ángel Corredoira e José Arias.
  • 3ª parella clasificada: Club CVM Cerdido – Víctor Lago e José Sedes.
Todos eles recibiron trofeos conmemorativos do posto por parte de Luis Cendán, presidente do Club Xabre, e despedíronse até a vindeira edición do certame.
FOTOGRAFÍAS: Xente de Ares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Buscapistas nunha biblioteca de medo

Os rapaces e rapazas dende os 3 aos 12 anos pasáronno en grande esta semana nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares na procura das