O pasado sábado, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco levou a cabo unha acción de limpeza na praia de Sabadelle, na que lograron retirar aproximadamente 30 quilogramos de refugallos

Comparte esta nota de prensa

Esta actividade enmarcouse na limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA.

O grupo de 12 voluntarios e voluntarias dedicouse principalmente á extracción de cabichas, cordas, restos de bateas e diversos tipos de plásticos, como tapóns, envases de comida e bolsas, que representan unha ameaza para a fauna mariña local. Esta iniciativa contou co apoio do Concello de Ares, a través da súa área de Medio Ambiente, co obxectivo de concienciar sobre o problema da contaminación mariña.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,