O sábado, 9 de marzo, é o momento para reivindicar máis avances nos dereitos das mulleres

Comparte esta nota de prensa

Por iso mesmo o Concello organiza “Camiña pola Igualdade”, unha marcha que sirva coma reflexión do camiño percorrido e do que aínda queda por percorrer en materia de igualdade.

Se ti tamén queres reivindicar unha sociedade máis xusta, bota unha ollada á información dispoñible na páxina web institucional e elixe o teu percorrido:

RUTA 1: Andaina – 10 kms – Dificultade media-baixa, dende a Praza da Constitución pola costa de Ares cara a Redes, e logo regresarase á vila cruzando a praia do Raso até Os Castros e Ponte da Ciscada. Admítense mascotas!

RUTA 2: O quilómetro da Igualdade – 1 km aproximadamente – Dificultade baixa, discurrindo dende a Ponte da Ciscada até a Praza da Constitución polo paseo marítimo.

A inscrición é totalmente de balde e podes formalizala na seguinte ligazón: https://forms.gle/UApvAyFVXbeyDF6s9

En imaxes, foto de arquivo de anteriores edicións, coa solta simbólica de globos.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado