A Costa da Morte converteuse na paisaxe protagonista da sétima ruta do SendAres 2023-2024 durante o día de onte. Os sendeiristas que se sumaron á iniciativa comezaron a marcha na praia de Razo e logo dirixíronse á vila pesqueira de Malpica, ollando sempre o Océano Atlántico, e até puideron explorar os Muíños de Ardeleiro, un conxunto de cinco muíños en perfecto estado de conservación.
O programa do SendAres encarará nos próximos dous meses os últimos percorridos, ideais para coñecer a natureza galega dende o deporte.