O SendAres completa a súa segunda ruta deste ano

Comparte esta nota de prensa

Mar e area conxugáronse co verde costeiro no roteiro que promoveu a Concellaría de Deportes durante a xornada de onte.

Un itinerario de 17 quilómetros inscrito dentro do programa municipal de sendeirismo, SendAres 2024-2025, que percorreu a Costa Ártabra dende a ermida de Santa Comba ata acadar o Faro de Punta Frouxeira.

Despregouse unha paisaxe impresionante da que foron testemuñas os e as sendeiristas, que ademais recalaron no Pico Vela, cunhas espectaculares vistas coas que mergullarse no Océano Atlántico. A costa galega amosa toda a súa beleza!

 

Pódeche interesar