O programa municipal de sendeirismo SendAres 25-26 levou aos seus participantes ata o concello de Mañón para descubrir un dos enclaves máis fermosos e salvaxes do norte galego: a contorna do río Sor.
A ruta realizada onte, de 12 quilómetros, seguiu o curso do río entre bosques e camiños de frondosa vexetación, desde as Ribeiras do Bispo ata a impresionante Fervenza de Augas Caídas. No percorrido, os sendeiristas atoparon vellos muíños, pozas cristalinas e unha paisaxe exuberante para que a xornada fose toda unha inmersión na natureza.
Un bo domingo para conectar coa contorna natural e a súa tranquilidade!









