O VeraneAres Deportivo puxo o seu punto e final neste agosto deixándonos imaxes que falan por si soas dos trazos característicos desta programación municipal: rapaces e rapazas gozando do período estival a través do deporte, das amizades e do contacto directo coa natureza aresá.
🔷 Ao longo do mes, a programación municipal levou á mocidade a explorar e xogar en espazos de enorme valor natural como son o Parque Rosalía de Castro, a praia urbana ou a ría, ademais de propoñer diferentes dinámicas lúdicas no pavillón polideportivo ou polas parroquias. Unha boa combinación para aprender e desfrutar do verán entre iguais.
Con todo, o VeraneAres Deportivo tamén supón unha axuda para as familias, ao achegar unha alternativa lúdico-educativa que aposte pola vida activa e o coñecemento da contorna máis próxima ás crianzas.
Despedímonos da programación da Concellaría de Deportes sabendo que toca agardar ata o próximo verán para máis aventuras!