Co peche da semana pasada, vivimos a fin de toda a oferta deportiva municipal que se estaba a desenvolver en tres grandes quendas dende xullo até agora!
Foron días de campamentos urbanos en contornas naturais, mais tamén de moitas actividades diversas, dende o vóley praia ao tenis de mesa ou padél, para que toda a rapazada atopase un deporte no que gozar e moverse.
E todo iso sen esquecerse dos xogos nas parroquias, un programa lúdico para dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Chanteiro e Caamouco, achegando máis posibilidades de conciliación para as familias ao dirixirse a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Deporte, natureza e conciliación no VeraneAres Deportivo 2024!