O VeraneAres Deportivo deu inicio aos seus campamentos urbanos e as sesións de “Xuventude Activa”

Comparte esta nota de prensa

O núcleo da vila de Ares viviu esta semana o comezo oficial da programación relacionada co VeraneAres2023, unha iniciativa impulsada pola área de Deportes do Concello.

Os campamentos urbanos e a programación de “Xuventude Activa” levaranse a cabo no pavillón polideportivo municipal e en diferentes espazos ao aire libre da localidade.

Por unha banda, os campamentos urbanos teñen un papel fundamental na conciliación familiar dos estudantes de primaria, de entre 6 e 12 anos. Os participantes poderán adquirir valores esenciais centrados na convivencia, o respecto e o coñecemento da súa contorna, xa que as actividades desenvolveranse en parques, xardíns e praias do centro urbano.

Estes campamentos complementarán as actividades diarias do programa “ConciliAres”, levado a cabo pola Concellaría de Igualdade e Benestar, ofrecendo así ás familias unha ampla gama de opcións para conciliar as súas responsabilidades.

Doutra banda, o programa municipal “Xuventude Activa” encargarase de achegar aos mozos e mozas a unha ampla variedade de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, como o manexo de drons, ademais de ofrecer opcións no campo náutico, como kaiak e paddlesurf, así como actividades como voleipraia, tenis de mesa, padel, Jiu-Jitsu, grappling e danzas urbanas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado