Actividades da Biblioteca da Deputación nas Bibliotecas 2025 -206
- Días: Os Martes do mes de Decembro.
- Datas: 2, 9, 16 E 23 (Horario de tarde) 17:30 A 19:00
- Comezo: Martes, 2 de Decembro.
- Lugar do Curso: Aula de Informática da Casa da xuventude (Aula CeMIT)
- Inscrición Na Alianza Aresana ou no Teléfono: 981 44 80 57 .
CONTIDOS DO CURSO E TEMPORALIZACIÓN
1. Conceptos básicos
- Introdución ao hardware e software dun teléfono intelixente.
- Explicación de termos técnicos comúns.
- Funcionamento da pantalla táctil e botóns.
- Configuración inicial do dispositivo (idioma, data, hora, etc.).
2. Chamadas e mensaxes
- Realizar e recibir chamadas.
- Enviar e recibir mensaxes de texto e multimedia.
- Xestionar contactos.
3. Aplicacións esenciais
- Instalación e uso de aplicacións de uso común como WhatsApp, YouTube, Facebook, etc.
- Navegación web segura.
- Uso de correo electrónico.
4. Configuración do dispositivo
- Axustes de brillo e tamaño de texto para facilitar a lectura.
- Modo fácil ou modo sinxelo para simplificar a interface.
- Configuración de accesos directos.
- Uso do asistente de voz.
5. Seguridade e privacidade
- Consellos para evitar estafas e fraudes en liña.
- Protección de datos persoais.
- Uso de contrasinais seguros.
6. Resolución de problemas básicos
- Como reiniciar o teléfono.
- Como buscar axuda en liña.
- Como contactar ao servizo técnico.

