Dezanove nenos e nenas dende os 6 anos acudiron onte á Biblioteca Municipal de Ares para poñerse mans á obra e deseñar as súas propias bolsas para libros totalmente personalizadas.
Con moita cor, retazos de teas e creatividade celebraron eles as Letras Galegas e a literatura no marco da programación da Concellaría de Cultura proposta para conmemorar a efeméride do 17 de maio.
Este “Obradoiro de Superlectores” encheu a entrada da Alianza Aresana de trasfega e rematou cunhas bolsiñas moi particulares para lucir alá onde vaian os pequenos; uns resultados da súa imaxinación que podedes atopar xusto aquí embaixo. Non deixedes de botar unha ollada!
En colaboración coa Xunta de Galicia dentro da iniciativa de dinamización lectora “Ler Conta Moito”.