Olimpia Marcos e Noelia Montero, concelleiras de Urbanismo e Deportes respectivamente, recibiron esta semana ó equipo auditor do GALP Golfo Ártabro Norte encargado de supervisar as últimas actuacións materializadas en Ares con parte dos fondos do grupo de acción local.

Comparte esta nota de prensa

Durante esta acta de recepción, achegáronse ata o Club de Remo de Ares para ver a embarcación das Sereas das Mirandas, contextualizando as características que a converten nun equipamento accesible para a práctica deportiva de persoas con antecedentes oncolóxicos.

A maiores, tamén comprobaron o estado das infraestruturas realizadas no acceso á praia do Xuncal: as novas escaleiras, a renovada senda e a rampla de madeira, xunto coa pantalla protectora de pedra para a area, todos eles elementos executados co obxectivo de mellorar a seguridade e a accesibilidade, amais de fomentar un uso de calidade do areal.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,