‘Onde nace a lingua’: unha narración oral para pasalo ben cos sons e fonemas en galego

Comparte esta nota de prensa

As risas e as palabras resoaron onte na Alianza Aresana co último espectáculo que acolleron as súas instalacións, ‘Onde nace a lingua’, de Marta Ortiz, un xeito de aprender e traballar cos fonemas e musicalidade propia da lingua galega.

A actividade fixo que nenos e nenas xogasen co son e coa palabra a través de adiviñas, trabalinguas e contos rimados, descubrindo o poder da xestualidade e da música para contar historias.

Cancións de mans, contos con lingua de signos e moita participación dos máis pequenos e das súas familias fixeron desta proposta un bo encontro coa creatividade e coa lingua galega.

Unha proposta organizada pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Buscapistas nunha biblioteca de medo

Os rapaces e rapazas dende os 3 aos 12 anos pasáronno en grande esta semana nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares na procura das