Os produtos da campaña “Galicia Sabe a Mar” poderanse degustar este venres en Ares!

Comparte esta nota de prensa

Ares resultou novamente seleccionado entre os 250 municipios de toda España que acollerán esta campaña gastronómica

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, informou esta mañá da chegada a Ares dunha das catro foodtrucks que percorren España a través desta campaña promovida pola Xunta de Galicia, e que se instalará este venres no paseo marítimo da localidade.

A campaña ‘Galicia sabe a Mar’, impulsada pola Consellería do Mar, ten por obxectivo dar a coñecer e animar á cidadanía para consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Este ano a iniciativa sóbese ás catro rodas con catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España. Entre eles foi seleccionado Ares, por segundo ano consecutivo, e este venres 11 de agosto unha destas foodtrucks estará no paseo marítimo da localidade, á altura do Concello, en horario de mañá de 12 a 15 horas, e pola tarde de 18 a 21 horas.

Quen se achegue ata ela poderán degustar de maneira gratuíta algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Pódeche interesar