Os Reis Magos despiden o Nadal de Ares

Comparte esta nota de prensa

A cabalgata real regresou un ano máis ó municipio para traer a Baltasar, Melchor e Gaspar dende o seu Reino de Oriente. Pequenos e maiores saudaron e falaron coas súas Maxestades este luns pasado e despediron, todos eles, a tempada festiva en Ares.

Os tres Reis Magos non escatimaron no reparto de doces e animáronse a visitar as parroquias e o núcleo urbano da vila, desfilando polas súas rúas coa compañía dos paxes e a Sociedade Cultural O Tilo, que colaborou no evento xunto con Protección Civil.

O seu itinerario rematou na Alianza Aresana,  cos confortables tronos preparados para a recepción real: alí escoitaron os desexos da veciñanza, tomaron boa nota deles e procuraron facelos realidade esa mesma noite.

Con Baltasar, Melchor e Gaspar remata a programación municipal para o Nadal, un conxunto de iniciativas que tomaron como eixo a promoción cultural, a dinamización deportiva da veciñanza e o encontro comunitario.

 

 

Pódeche interesar